Logo Valmesa - Sociedade de tasacions Certificado de calidade Certificado de Calidade
Información | Certificado de Calidade | Códigos de conduta | Presentación (PDF) | Vídeo (50 Mb)
Inmobles | Terreos/Proxectos | Rústicas e agropecuarias | Infra/Supraestruturas | Patrimonio | Activos | Empresas | Mercantís | Xudiciais
Solicitudes | Pagos | Sondeos | Validar Taxación
Lexislación | Informes do sector | Enlaces | Documentación desenvolvida por Valmesa
Solicitudes | Pagos
Web en español Web en valencià Web en català Gure webgunea euskaraz English version Notre Web en français Unsere Webseite in Deutsch Nosa web en Portugues

Información xeral

Cumprimento R.D. 775/1997 do 30 de Maio de Valmesa

Cumprimento R.D. 775/1997 do 30 de Maio.

O Real Decreto 775/1997, do 30 de maio recolle no seu CAPÍTULO I, Artigo 3, Punto 1 os requisitos pertinentes para obter e conserva-la Homologación polo Banco de España das sociedades de Tasación. Detalladamente, a aplicación no caso concreto da nosa Sociedade, destes requisitos, é como segue:

a) Revesti-la forma de Sociedade Anónima de fundación simultánea domiciliada no territorio nacional.

CÚMPRESE

b) Contar cun capital mínimo de 50.000.000 de pesetas íntegramente desembolsado. Dito capital deberá estar representado en accións nominativas.

CÚMPRESE. O noso capital social ascende á cantidade de 600.000 Euros (ó cambio 99.831.600.- pts), totalmente desembolsado.

c) Limitar estatutariamente o seu obxecto social á valoración de todo tipo de bens, empresas ou patrimonios..

CÚMPRESE. (ver estatutos)

d) Contar cun número mínimo de dez profesionais dos cales, polo menos, tres deberán ser profesionais vinculados..

CÚMPRESE. Na actualidade, contamos cun total aproximado de 402 tasadores/colaboradores habituais ligados mediante contrato mercantil, e 41 técnicos tasadores/supervisores no cadro de persoal vinculados por contrato laboral e alta no Rexime Xeral da Seguridade Social..

e) Dispoñer dunha organización cos medios técnicos e personais, e os mecanismos de control interno necesarios para asegurar tanto un axeitado coñecemento da situación e condicións do mercado inmobiliario sobre o que van operar, como o cumprimento uniforme das normas de valoración aplicables e das obligacións e incompatibilidades establecidas neste Real Decreto.

CÚMPRESE. A través do esquema xerárquico e de mandos relacionado no apartado 5, así coma de numerosos e estrictos controis de calidade intermedios , tanto en asuntos técnicos como administrativos e contables, garántese a homoxeneidade e fidelidade dos procesos ós que se refire o precepto anterior.

f) Ter asegurada fronte a terceiros a responsabilidade civil que puidera derivarse da súa actividade de tasación mediante póliza de seguro suscrita cunha entidade aseguradora habilitada legalmente para operar no seguro de responsabilidade civil, por un importe non inferior a 100.000.000 de pesetas, máis o 0.50 por 1000 do valor dos bens tasados no exercicio inmediatamente anterior, até alcanza- la cifra máxima de 400.000.000 de pesetas.

CÚMPRESE. A nosa póliza de seguro de Responsabilidade Civil cobre até un límite máximo de indemnización por sinistro de 3.000.000 € .

g) Contar cun Consello de Administración formado por non menos de tres membros. Todos eles serán persoas de recoñecida honorabilidade comercial e profesional, debendo posuír, polo menos aqueles que exerzan funcións executivas, coñecementos e experiencia axeitados para o seu exercicio.

CÚMPRESE. Actualmente o Consello de Administración está constituído polos seguintes accionistas::

* D. Fernando Reverte Lledó.
* D. Fernando Reverte Sánchez.
* D. Alfonso Nieto López.

Todos eles perfectamente capacitados e habilitados legalmente para o exercicio das súas funcións de conformidade co disposto nos Puntos 2 e 3 do citado Real Decreto, figurando como tais dende a fundación da Sociedade, co cal todos eles acreditan unha longa experiencia no sector.

Valmesa logo Política de privacidade | Contáctenos | Telèfono 902 420 200 | © 2005 Valmesa. Reservados tódolos dereitos.

Homologada polo Banco de España, inscrita como Sociedade de Tasacións co
nº 4.350 con data 31/10/1988.