"20 anos facendo o noso traballo son garantía de que respondemos cunha alta profesionalidade"
A nosa Sociedade constitúese no ano 1988 grazas ó esforzo dun grupo de socios con demostrada experiencia no sector e traxectorias ligadas historicamente a outras sociedades de tasación.
Unha vez superada a primeira etapa de desenvolvemento da sociedade, se chega a un acordo cun grupo inversor de Alacante, o cal adquire as accións dun dos socios fundadores cambiando, como consecuencia diso, á denominación actual de VALORACIONES MEDITERRÁNEO, S.A.
Xa nos inicios de 1996, iniciámo-la incorporación do anagrama VALMESA coa intención de que as nosas delegacións se fosen familiarizando coa mesma, para posteriormente solicitar ó Rexistro Mercantil o cambio definitivo.
Obtidos os correspondentes certificados do Rexistro Mercantil Central, na súa Sección de Denominacións, con resultado positivo, iniciamos a través de empresa especializada, a obtención da correspondente MARCA sobre o nome de VALMESA, sendo publicada polo Boletín Oficial da Propiedade Industrial o 1-5-97, tanto nome coma emblema.
Descargar: Documento da Oficina Española de Patentes e Marcas
Para descargar este ficheiro necesita do programa Acrobat Reader. Se o desexa, pode descargalo dende aquí.


