Presentación
A sociedade de tasacións Valoraciones Mediterráneo, S.A. (Valmesa) é unha das maiores empresas de Tasacións Inmobiliarias e Valoracións en toda España. O noso obxectivo é consegui-la máxima satisfacción das necesidades e expectativas dos nosos clientes.
Os servizos de Valmesa abarcan dentro do campo das tasacións inmobiliarias, as referentes ás tasacións de locais comerciais, tasación de edificios, tasación de solares, tasación de fincas, tasación de oficinas e tasación de naves industriais.
Dentro do campo da valoración de activos os nosos servizos comprenden a valoración de traspasos, valoración de maquinaria, valoración de buques e valoración de pequenos inmobles, entre outros.
A nosa experiencia en Tasacións Inmobiliarias e Valoración de Activos
O 100% das nosas 110.000 tasacións inmobiliarias e valoración de activos pasan polo control directo dalgún dos nosos supervisores xa que, segundo o noso entender, non existe sistema informático ningún que sexa capaz de apreciar individualmente se cada tasación inmobiliaria ou valoración de activos foi realizada correctamente e de acordo cos diferentes parámetros obxectivos que deben intervir na definición dun valor, sendo a apreciación persoal en cada caso a única que pode delimitar con seguridade a veracidade do mesmo.
Atención ó cliente
Atención telefónica: +34 96 681 36 79
e-mail: atencion.cliente@valmesa.es
Dende a nosa web
Enderezo postal: Edificio VALMESA, Urbanización Barrina Norte, 36 - 03502 Benidorm (España)
Política de privacidade |
Contáctenos | Telèfono 902 420 200 |
© 2005 Valmesa. Reservados tódolos dereitos.
Homologada polo Banco de España, inscrita como Sociedade de Tasacións co
nº 4.350 con data 31/10/1988.
Membros de pleno dereito dende o ano 1990 de ATASA - Asociación Profesional de Sociedades de Valoración.