A túa taxación é o único que baixará este mes. 20% de desconto, Palabra: BAIXA Ver condicións legais

Taxacións de Arte

En Valmesa sabemos valora-la arte. Elaboramos un informe de taxación de obras de arte para que coñezas o valor oficial de taxación. A taxación axudarache a efectos de repartición de herdanzas, seguros, asesoramento en operacións de compravenda, doazón en pago de impostos, peritacions, avais hipotecarios, pago de débedas, etc.

Completa esta breve información e poñerémonos en contacto contigo. Levarache menos de 1 minuto!

obras-arte-valmesa-IMAG-01

QUE É UNHA OBRA DE ARTE

¿Que consideramos unha obra de arte a valorar?

En Valmesa podémosche ofrecer unha taxación do valor oficial de calquera manifestación artística :

  • Pinturas
  • Esculturas
  • Fotografías
  • Mobles
  • Antigüidades
  • Libros
  • Moedas
  • Cómics

O noso equipo de taxadores, expertos en arte, aseguraranse de que, a través dun proceso áxil e rápido, resolvas as dúbidas sobre a túa colección, herdanza, doazón, etc.

obras-arte-valmesa-IMAG-02

UTILIDADE DUNHA TAXACIÓN DE OBRA DE ARTE

¿Para que é útil dispoñer dunha taxación de obra de arte?

  • Asegurar pezas, lotes ou coleccions
  • Asesoramento de operacións de compravenda
  • Reclamación de danos, roubos ou estafas en peritacions
  • Catalogación e inventarios
  • Reparto de bens en herdanzas ou separación
  • Xestión de inventarios para particulares ou institucións privadas ou públicas
  • Obtención de certificados de autenticidade; na solicitude de hipotecas ou avais
  • Realizar doazóns a institucións, museos ou como pago de imposto
  • Conciliacións contables con finalidades financeiras.

Para desenvolve-lo noso informe de taxación de obras de arte deberás facilitarnos: o autor; material e/ou técnica; medidas; antigüidade; fotografías de calidade e certificado de autenticidade.

 

É indispensable facilitar tódolos datos requiridos para a realización do estudo de valoración da obra de arte.

Resolvemos tódalas túas dúbidas sobre taxación de obras de arte

¿Trátase dunha taxación oficial de obras de arte?

¡Por suposto, facemos unha taxación de obras de arte oficial! O noso equipo, composto por profesionais acreditados e preparados, elaboran un informe completo que determina o valor de mercado da obra de arte. Polo tanto, sí, as nosas taxacións de arte son completamente oficiais.

¿Que fai falla para encarga-la taxación dunha obra de arte?

Moi sinxelo, o primeiro contactar con Valmesa, xa sexa a través desta web ou polo noso servizo telefónico de atención ao cliente, e nós encargámonos de case todo. O único que nos terás que facilitar é a información básica e necesaria: a autoría da obra; material e técnica se fose necesario; medidas; antigüidade; fotografías de calidade e certificado de autenticidade, se dispós diso

Con todo isto, e trala elaboración do orzamento e a súa aceptación, procederase a realiza-la taxación a través dos datos achegados.

É indispensable facilitar tódolos datos requiridos para a realización do estudo de valoración da obra de arte.

¿Como se calcula o valor dunha obra de arte?

Para saber o valor de taxación dunha obra de arte utilízanse diferentes parámetros: autor, antigüidade, tamaño, estado de conservación, tipoloxía, calidade… que son os que máis inflúen no valor final da obra, xunto cos prezos das ofertas de venda que existen no mercado da arte.